Patio con(vida)

Re-descubrindo o patio « Atrás    

Título de fotografía documental

"A situación dos bancos a causa da Covid-19"

 

Daniel Campos Pauzat · 20 noviembre 2020 16:57


Fotografía documental

Explicación da foto documental
Esta foto pertencería ao ámbito urbanístico xa que un banco é unha construcción que polo xeral se localiza nas cidades e demais espazos urbanos.

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Banco Banco precintado por mor da pandemia. 42,867776978 -8,658769221
2 Banco precintado Este é un dos bancos do instituto nos que non nos podemos sentar por culpa da pandemia 42,867776978 -8,658769221

Título autorretrato
"A situación dos bancos a causa da Covid-19"

Autorretrato

Explicación do autorretrato
Nesta foto eu represento a toda a xente que quedou sorprendida pola prohibibición do goberno de sentarse nos bancos.


Título de fotografía documental

A importancia de consumir productos locais de temporada.

 

Aldara García Pulleiro · 4 enero 2021 13:31


Fotografía documental

Título autorretrato
Recolectora de laranxas.

Autorretrato

Explicación do autorretrato
Na fotografía anterior podemos vemos como estou collendo una laranxa coas miñas mans. A miña función nesta imaxe é representar o traballo que a xente pasa para recolectar estes alimentos.


Título de fotografía documental

O ciclo dunha folla

 

Ana Enríquez Rubal · 7 enero 2021 14:04


Fotografía documental

Explicación da foto documental
As follas das árbores, poden ter unha grande variedade de cores ao longo da súa "estancia" nunha árbore caducifolia. Nesta foto, hai cinco follas diferentes, aliñadas, nunha orde cromática e cronolóxica á súa vez, xa que, con relación á primeira, esas cores, que poden ser apreciadas nas follas dunha mesma árbore, poden variar, dende o máis internso verde, ata un amarelo, vermello, laranxa ou marrón, dependendo da estación do ano na que nos atopemos. Por exemplo, en primavera, non teñen a mesma cor que en outono, inverno ou verán.
No sentido cronolóxico, podería dicirse que unha folla (sendo a súa árbore caducifolia) ten unha "vida" ou ciclo, no cal medra na árbore, e vai mudando as súas cores ao longo do ano, ata que no outono ou inverno, seca, e cae, dando comezo posteriormente a un novo ciclo, con novas follas. Por isto, na foto, reflíctese ese ciclo mediante as cores nas follas, que mudan de verde, característico da primavera e verán, a un marrón, cor que indica que a folla está seca, e a piques de caer.
Isto non ocorre no caso das árbores perennes, xa que as súas follas non chegan a caer, e manteñen a súa cor todo o ano, polo que non pasarían por este ciclo.

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Fotografía 42,868012991 -8,658461027

Título autorretrato
As dúas caras da natureza

Autorretrato

Explicación do autorretrato
As paisaxes naturais arredor do mundo son totalmente diferentes, maioritariamente polas variedades de flora, que varían notablemente dependendo do continente, hemisferio, clima, etc. En Galicia, temos unha vexetación determinada (aínda que se integraron especies doutras partes do mundo que non corresponden á nosa paisaxe a pesar de ser tan abundantes). Nesta foto, reflíctese a variedade entre as plantas caducifolias e as perennes, que neste caso, ao estar en Galicia, e ser as nosas árbores autóctonas maioritariamente caducifolias, podemos apreciar unha árbore sen follas, por estarmos en inverno, e un mato perenne con follas verdes para contrastar ambos tipos de vexetación. Aparezo eu, coma o símbolo do impacto humano na nosa natureza, que, coma xa expliquei antes, introduciu especies non autóctonas e prexudiciais para o entorno galego xeral, coa única intención de crear beneficios, destruíndo ao seu paso, o bosque autóctono.


Título de fotografía documental

Lugares onde sentarse durante a covid-19

 

Olalla Redondo López · 15 noviembre 2020 13:31


Fotografía documental

Explicación da foto documental
Nesta fotografía aparecen como elementos un banco con cintas e, na parede do fondo, un debuxo. O que representa esta imaxe é a época da covid-19 que nos tocou (e seguirá tocando) vivir nestes meses. O banco cintado simboliza a distancia social que debemos manter durante esta pandemia. Tamén, a nova normalidade que estamos a vivir e moitas cousas que cambiaron de súpeto; neste caso, a posibilidade que antes nos parecía cotiá de xuntarnos con outras persoas ou sentarnos a descansar nun asento. No instituto moitos bancos, cadeiras e espazos de ocio como a biblioteca foron suprimidos e todos debemos ir pouco a pouco acostumándonos a estes cambios.

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Banco Banco nunha parede con debuxos en spray que hai nos soportais da parte este do instituto. 42,349929638 -5,672559814

Título autorretrato
Maneiras de sentarse durante a covid-19.

Autorretrato

Explicación do autorretrato
Nesta imaxe aparezo eu saltando coas pernas abertas sobre un banco cunha cinta e un debuxo no fondo. A fotografía representa unha maneira alternativa de vivir esta pandemia e, neste caso, de formas de sentarse cando, debido a pandemia da covid-19, os bancos e os espazos de ocio e de descanso están suprimidos no noso instituto e en todo o mundo en xeral. Ao estar colocada en posición de sentada pero sen tocar o banco, resumo a situación actual na que non podemos pararnos a descansar ou usar infraestructuras públicas e busco alternativas a eso.


Título de fotografía documental

A FALACIA DA PEREZA

 

Iria Pérez Álvarez · 13 noviembre 2020 16:33


Fotografía documental

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 IES DE AMES; PARTE SW Nesta foto, a papelera escollida está situada enfronte da cancha grande con portería e canasta, xustamente detrás do salón de actos 42,867605809 -8,658894897

Título autorretrato
ETERNO DÍA DA QUEIMADA

Autorretrato


Título de fotografía documental

Grandes dúbidas

 

Mario Moure · 17 noviembre 2020 18:23


Fotografía documental

Explicación da foto documental
En esta fotografía quería representar a forma en que o ser humano se plantexa cuestións para descubrir como eran as cousas antes e os cambios que sufren ata a actualidade, quería facer un xogo visual entre o que quero representar que é unha dubida sobre o pasado e o que se ve na imaxe, o meu compañeiro ao lado dun grafiti. Esto creo que plantexa unha metáfora temporal de como unha parede en este caso pode aguantar e sufrir cambios ao longo do tempo dunha forma que nos faga darnos conta incluso da relación que ten coa nosa propia existencia.

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Lugar da foto Na parte de atrás do insituto, nunha esquina chea de grafitis 42,868017239 -8,658143470

Título autorretrato
Anos no patio

Autorretrato

Explicación do autorretrato
En este autorretrato quería expresar o paso do tempo na cancha do instituto e como cambiou ao longo do tempo. Penso que a miña contribución na fotografía é unha forma de representar a todos los alumnos que ao longo dos anos que leva existindo o instituto usaron a pista para xogar a algún deporte ou para calquera outra actividade. Penso que é unha zona bastante representativa do IES de Ames xa que en anos normais é como o centro onde está todo o mundo, onde hai torneo de fútbol e moitas máis cousas.


Título de fotografía documental

o mural intelixente

 

Jorge Rodríguez Garrido · 20 noviembre 2020 16:18


Fotografía documental

Explicación da foto documental
esta fotografía do mural non e que teña moita historia, é un simple mural feito no 2019 por os alumnos de 4 da eso e 1 de bacharelato do ano correspondente. En canto a arte está aplicada ao ámbito dos estudos.

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 O grafiti esta é a cancha que está en fronte ao grafiti 42,867739117 -8,659096446

Título autorretrato
O neno do mural

Autorretrato

Explicación do autorretrato
Eu contribúo ao retrato dunha boa forma, xa que é un mural dedicado aos estudos, libros e eu son un estudante de ese centro.


Título de fotografía documental

Anís estrelado de Ames.

 

Sara Morán Alonso · 20 noviembre 2020 18:19


Fotografía documental

Explicación da foto documental
A miña imaxe documental ten unha relación coa temática biolóxica, concretamente da vexetación ou flora. Pois o elemento principal captado é unha especie de árbore, no último apartado informo máis detalladamente desta.

Título autorretrato
Como nos vellos tempos.

Autorretrato

Explicación do autorretrato
O título fai referencia a miña infancia. Pois meu irmán maior sempre me pedía de xogar o fútbol con el, e sempre pringaba e tocábame ser a porteira, aínda non chego arriba tristemente.
Tratei de simbolizar estos momentos da miña infancia coa postura, pretendendo chegar ao largueiro da portería.


Título de fotografía documental

Obstáculos

 

Alberte Carballo Fernández · 27 noviembre 2020 13:53


Fotografía documental

Explicación da foto documental
A instantánea é unha metáfora visual da vida. Durante a nosa vida temos que superar moitos obstáculos, algúns máis sinxelos e outros un pouquichiño máis complicados, pero hai algunhas portas que nunca vamos a ser capaces de abrir. A porta fechada representa eses obstáculos ou problemas que moitas veces, aínda que se intente con moita forza, non conseguimos superar; aínda que posteriormente, con ayuda ou sen ela logremos abrilas.

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Porta Porta no lateral do edificio 42,867777764 -8,658303741

Título autorretrato
Ironman

Autorretrato

Explicación do autorretrato
A fotografía expresa moi ben a miña personalidade. Amosa como me gusta facer o parvo e facer rir á xente e ó mismo tempo como me gusta darlle cinco mil e máis voltas ás cousas.


Título de fotografía documental

Ter a parede feita un cuadro

 

Andrea Vilas Pampín · 13 noviembre 2020 19:07


Fotografía documental

Explicación da foto documental
Esta foto mostra unha das esquinas do patio que, pola súa localización soe pasar desapercibida. Pero pese a encontrarse na parte traseira do instituto está decorada con pinturas feitas por antigos alumnos que estudiaron aquí fai tempo. Por iso é de gran importancia para entender o pasado do edificio: porque nos conta que nese momento xa se dedicaban a embelecer o instituto.

Localización no mapa
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Esquina do patio É unha esquina formada polas paredes do instituto que destaca por estar decorada con debuxos dende fai moitos anos. 42,868057233 -8,658187834

Título autorretrato
Ventá arbórea

Autorretrato

Explicación do autorretrato
Nesta foto aparezo eu asomando entre as ramas dun álamo branco. Isto demóstranos que a natureza é capaz de organizarse formando siluetas bonitas sen axuda do ser humano.

Esta árbore en cuestión foi moi importante en na Antiga Grecia, onde, entre otras cousas, o álamo branco foi a planta na que Hades converteu a Leuce, a filla do deus do mar, cando esta morreu.