Geography and History of Ames

As nosas profesións « Atrás    

Profesión

Paleontólogo

 

Alberte Carballo Fernández · 13 noviembre 2019 18:32


Fotografía

Por que me gusta esa profesión?
Xa desde que era pequeño a paleontoloxía é algo que me chama monto a atención. Paréceme impresionante que esteamos a pisar o mesmo planeta no que viviron una seres tan marabillosos como os dinosaurios. Levo catorce anos da miña vida dubidando entre dúas ciencias, arqueoloxía e paleontoloxía, pero nestes últimos anos estoume decantando máis por esta última.


Profesión

Embaixador

 

Pablo Freijeiro Díaz · 15 noviembre 2019 15:16


Fotografía

Por que me gusta esa profesión?
Quero ser un embaixador de maior porque os embaixadores gañan moito diñeiro, e, semella ser unha profesión bastante entretida. O principal inconveniente é que é moi difícil chegar a a ser embaixador, e, non creo que consiga selo, pero, se o consigo, vivirei ben para toda a vida. Se non logro ser embaixador, cousa que é moi probable, poderei tentar ser outro integrante do corpo diplomático diferente. Ser embaixador é unha profesion de moito prestixio. Tamén, os embaixadores teñen unha mtrícula de coche especial, o que lles otorga privilexios respecto á outra xente, e, poden adquirir ata catro vehículos coa matrícula especial. Ademais, teñen inmunidade penal, o que significa que non poden ir ao cárcere. En conclusión, principalmente quero ser embaixador polo diñeiro, pero, non é o único polo que quero ter este traballo. Por certo, un embaixador é o axente diplomático máis importante nun país estranxeiro para representar o país ao que pertence, non soa mal, verdade?


Profesión

Cociñeiro

 

Ismael López Santos · 13 octubre 2020 18:11


Fotografía

Por que me gusta esa profesión?
Gústame esta profesión porque dende ben pequeno crecín vendo programas como o de arguiñano as mediodías ou de chicote , os cales foron os meus referentes para comezar a interesarme neste mundo . Debído ao meu interese comecei a pedirlle a meus pais que me aprenderan algún prato de sinxela elaboración para así pouco a pouco ir mellorando o meu nivel , na actualidade sigo sin saber facer pratos moi elaborados pero polo menos defendome a hora de cociñar . No futuro se tivese a oportunidade de aprender máis sen dúbida gustaríame traballar no sector .


Profesión

Físico e Matemático

 

Jeremias Alvarenga Gamón · 13 noviembre 2019 17:52


Fotografía

Por que me gusta esa profesión?
Quero dedicarme a iso porque paréceme unha opción segura a futuro cunha tasa de desempleo ínfima. Ademáis céntrase nun campo de estudo moi interesante.


Profesión

Streamer.

 

Carolina Méndez Bernárdez · 13 octubre 2020 18:38


Fotografía

Por que me gusta esa profesión?
Dita profesión gústame moito xa que cando era mais pequena comencei a ver videos de un youtuber o cal gustábame moito e que ao día de hoxe síguenme gustando. A medida que fun crecendo comencei a coñecer mais youtubers, videoxogos, etc. Hai dous anos descargueime unha platarforma chamada twitch na cal descubrín esta profesión. E dende aqueles tempos quixen dedicarme a isto, porque non é solo xogar e divertirse unha soa, se non que a gran maioría de streamers ou youtubers fan rir a xente, cando poden os axudan, moitos fan que outra xente síntase mellor, etc. Isto é o que quero transmitir eu se algún día consigo dito traballo. Todo o escrito anteriormente é o que fai que me guste esta profesión.