Geography and History of Ames

Historias do presente « Atrás    

Title

María Paz Fernández Lamela e Manuel Fernández Prol fálannos do atentado do 11 de setembro de 2001 en Nova York e as súas consecuencias.

 

Fabián Fernández Fernández · 11 febrero 2021 10:45


Photo with the interviewee/s

Interviewee/s testimony on the event
Métoo en ADDITIONAL DOCUMENTS. Causa especificada en correo electrónico.

Additional photographs

Additional photographs

Additional photographs

Additional documents


Título

Ana Ces fálanos da crise económica do 2008.

 

Carla Cantelar Ces · 29 mayo 2020 16:47


Foto coa persoa entrevistada

Idade
49

Testemuño sobre o evento
Ela empezou a ser consciente desta crisis nos últimos anos (2013, 2014).
Levaba traballando na empresa de El Correo Gallego 14 anos, o período de 2013-2014 foi o peor. Terminara a "burbulla inmobiliaria", montos obreiros quedaron sen traballo e moitas vivendas e urbanizacións quedaron sin rematar e, polo tanto, abandoadas, isto provocou que o xornal se resintise, había moitísima menos publicidade, e debido aos gastos, nas casas prescindían de todo aquelo que podían, entre elas do xornal. A empresa comezou a ter motos máis gastos que ingresos e desta forma, comezou a buscar outras alternativas: despedir persoal, facer un ERE, desfacerse de propiedades, externalizar servicios. Todo isto para ter máis liquidez. Os efectos desta crise, aínda duraron máis ala do 2014. Desta forma o numero de empleados baixou de 400 ós apenas 90 que permanecen ainda na empresa, entre eles a mina nai. A recuperación foi moi lenta e ata 2018 non apreciaron a recuperación económica.


Título

Marga Lema López fálanos do desastre do Prestixe

 

Lucía Rodríguez Lema · 28 mayo 2020 14:02


Foto coa persoa entrevistada

Idade
51

Testemuño sobre o evento
O día que afundiu o Prestixe marcou un antes e un despois na conciencia social de Galicia. A catástrofe medioambiental e económica foi de grande magnitude; pero trouxo consigo unha onda de solidariedade cara ao pobo galego e entre nós mesmos que nunca se coñecera antes: a medida que ía saíndo do barco o petróleo, tamén ían chegando ás nosas costas máis e máis voluntarios de diferentes países.
O primeiro contacto que tivo miña nai con este suceso foi a través da televisión, cando puxeron as imaxes dun gran buque no medio da oleaxe rodeado de chapapote. Ela cóntame que dende o Goberno intentaban ter unha actitude tranquilizadora dicindo que o vertido era mínimo; pero o certo é que a costa galega tiña un único color: o negro. A situación era desesperante: os mariñeiros perdían o seu medio de vida, as autoridades non aportaban solucións... e así foi como a xente do mar empezou a limpar coas súas propias mans ou co que fixera falta. A esa desesperación doulle resposta a boa vontade das persoas que se desplazaron a Galicia para axudar sen pedir nada a cambio, sen nin sequera pensar en si terían onde durmir.
A miña nai seguía atentamente a traxedia nos medios. Por motivos laborais, non puido axudar tanto como lle tivera gustado; mais vía como a xente extraía o chapapote das pedras ou cociñaba e habilitaba os polideportivos para poder durmir neles.
A partir de todo isto, apareceu un movemento que defendía que os barcos con mercancías perigosas non navegasen preto da costa: o movemento “Nunca máis”. Lémbrao como un berro para que o que pasou non se volvese repetir.


Title

Bolívar Iglesias Salvande fálanos do fin da Guerra Fría

 

Jorge Iglesias Carracedo · 2 marzo 2021 22:07


Photo with the interviewee/s

Interviewee/s testimony on the event
Os primeiros recordos que ten o entrevistado da Guerra Fría en xeral son o boicot americano nas Olimpiadas de Moscú 1980, ás cales os Estados Unidos negáronse a acudir, e o inicio da guerra de Afganistán. Por estas cousas descubriu cando tiña once anos que estes dous bandos non se levavan ben.
Xa profundizando no tema principal deste traballo, que é o fin da guerra, o meu pai díxome que sucedeu pola asfixia económica da Unión Soviética. Esta guerra non era unha guerra bélica, senón que, como o di o nome, era fría porque non había disparos. Era sobre todo unha guerra económica. Este afogamento económico definitivo dos soviéticos comezou no 1983, cando se iniciou o proxecto americano "A Guerra das Galaxias". Este consistía en distibuír satélites na órbita terrestre ca intención de que estes destruiran os misiles balísticos dos soviéticos ao ser lanzados. A Unión Soviética xa era un país que gastaba demasiado no seu exército ( un 40% do diñeiro ), pero ao enterarse de que os americanos poderían destruir os seus misiles e a vez lanzar os deles dende o seu territorio, comezaron a gastar moito máis. Aínda que a intención si que era levar a cabo o proxeto e se invertiron cartos nel, non chegou a concretarse, sen embargo serviu para arruinar aos soviéticos. No anos 1985 foi elexido presidente da URRS Mijaíl Gorbachov​, o cal tiña máis cabeza que os anteriores e intentou recuperar a economía e non darlle tanta importancia a unha guerra cuxo ritmo non podían seguir. En 1986 sucedeu a catástrofe de Chernobyl, o cal desmostrou a occidente que non tiñan nin diñeiro para a seguridade das súas centrales nucleares. Unha demostración similar foi cando no 1987, Mathias Rust aterrizou a súa avioneta na Praza Roxa, no medio de Moscú, despóis de partir dende Alemania e sobrevoar durante moito tempo territorio soviético. Isto probou que a escasez económica era tal que non tiñan cartos nin para radares. Dous anos despois, no 1989, caeu o muro de Berlín, o cal foi o colapso total, xa que moita xente comezou a emigrar dende territorios orientais ata occidente. Finalmente, no ano 1991, desapareceu a URRS, poñendo así fin á Guerra Fría.


Title

Jesús Arias fálanos da Guerra do Golfo de 1990

 

Emma Arias Blanco · 2 marzo 2021 18:57


Photo with the interviewee/s

Interviewee/s testimony on the event
O meu pai estivo no ano 1990 prestando o servicio de policía militar na infantería da Capitanía Xeral da Sexta Rexión Militar do exército español. A causa da Guerra do Golfo, declarouse o estado de alerta en todos os cuarteis do país. El trasladouse dende o seu fogar ata Ferrol, onde se iniciou ao servizo militar. Aos puntos de formación dos soldados acudían outros policías militares e daban unha charla informativa sobre o lugar no que traballaban (expoñían as condicións nas que vivirían, as actividades que ían facer e a dinámica das formacións, etc.), e os homes que estivesen interesados inscribíanse. No caso do meu pai, anotouse na policía militar d'A Coruña.

No cuartel levanábanse ás sete da mañán, grazas a un cuarteleiro que berraba "Diana!". Duchábanse, vestíanse e almorzaban; e despois armábanse, listos para que o seu superior lles dictase as actividades que debían facer ese día, pois non seguían un horario fixo. Facían defensa personal, karate, carreira, condición física, práctica de tiros con diferentes armas e pista americana (un circuito con obstáculos para exercitarse e prepararse para múltiples situacións que tiñan que superar). Cada sesión duraba entre 1 hora e media ata máis de 2 dependendo das instruccións dos capitáns, e se ao rematar estaban moi suados ou sucios, debían asearse outra vez e cambiarse para a seguinte.
Non obstante, a actividade máis imporante que realizaban era a vixilancia no cuartel, no hospital e no almacén de vehículos. Os turnos de garda de armas eran variables, pero adoitaban ser unha cada dous días, na que se debía estar 21 horas aproximadamente nunha mesma zona, e despois facíanse relevos. Despois destes longos días, volvíase o cuartel, preparábaste de novo e empezabas coas tarefas que che asignasen. Unha técnica que se extendeu cando estourou a guerra foron as vixilancias en garita, unha caseta na que os gardas vixiaban armados e a determinadas horas debían informar sobre o que pasara ou cando llo solicitaban os xenerais. Eles eran a defensa persoal dos mandos: dos comandantes, xenerais, administrativos,... e tamén do capitán xeral da Sexta Rexión Militar (que daquela era a correspondente ao norte de España), que vivía alí xunto á súa familia. Os soldados nunca lle chegaron a ver a cara nin a coñecelo persoalmente xa que só os altos cargos podían, mais sí que puideron falar con algún comandante. Debían protexelos a toda costa contra atentados, roubos ou calquera outra ameaza. Tamén levaban a cabo servizos especiais, onde chamaban aos militares para que fixesen vixilancia nos eventos nos que se formasen moitas aglomeracións. Ían cunha radio para estar comunicados entre eles por se pasaba algo.
Adoitábanse facer tamén moitos simulacros nocturnos, nos que arrestaban a moitos homes por tardar demasiado ou por non mostrar unha actitude adecuada, pois nestes casos conviña que fosen responsables.

Aos policías militares non os mandaban ir a combatir á guerra, pero sí os preparaban para situacións de peligro, facían control e poñían en orden os conflictos que xurdisen. Había outras compañías (n'A Coruña) nas que os policías sí arrestaban a outros militares (por mala atitude, abusos de autoridade, desercións,...), pero no caso desta dedicábanse á vixilancia maioritariamente.

O meu pai confesa que cando se está no servizo militar bótase todo de menos, ao estar aillado, sen medios de comunicación e con información escasa e pouco detallada do exterior, para evitar así o risco de crear ansiedade e frustración entre os soldados. Notábase ao país máis revolto que antes, había moitas manifestacións para que os homes non fosen enviados á guerra ,e por iso vivíase cun ambiente hostil. Aumentaron os gardas e os puntos de vixilancia en gran magnitude para estar sempre alerta, e suprimíanse os permisos de saída. Por isto último podían pasar varios meses ata que puideses volver unha fin de semana á casa, e a medida que os soldados reclamaban máis dereitos isto foi mellorando.

Additional documents