Explanation of the object
Cando os meus pais mudáronse a vivir sós a finais de agosto de 1999, un dos primeiros electrodomésticos que mercaron foi este televisor, poucos meses despois. Trátase dun modelo bastante descoñecido, que pertence a unha marca branca de Alcampo chamada “Basic Line”. O seu prezo, que a miña nai non recorda con exactitude, oscilaba entre as 35.000 e as 40.000 pesetas (uns 210-240 €). Pese a que orixinariamente os meus pais pensaron que, ao ser unha marca branca dun centro comercial non excesivamente prestixioso, duraría pouco tempo; a día de hoxe, 21 anos despois da súa compra, a televisión funciona perfectamente e non amosa síntomas de deixar de facelo a corto-medio prazo. Este ano tivemos que cambiar o televisor, que atopábase na habitación dos meus pais, porque o TDT (o decodificador da televisión dixital terrestre) comezou a fallar, non por problemas derivados do funcionamento do electrodoméstico. Cando os meus pais mercaron o piso de Bertamiráns (2005), coincidindo co meu nacemento, a televisión foi ubicada no salón. Catro anos despois, en decembro de 2009, foi substituída por unha televisión convencional LCD, de pantalla plana con tecnoloxía HD, que comezou a ocupar o salón (polo que a “Basic Line” pasou á habitación dos meus pais). Ata este ano (2020) estivo alí, fai dúas semanas, que foi cando decidimos cambiala polos problemas derivados do mal funcionamento do TDT.
Esta televisión, como citei anteriormente, enmárcase na clasificación dos televisores de tubo. As primeiras datan da segunda metade dos anos 20. En 1926, o científico escocés John L. Baird realizou unha (se pode ser considerada como tal) que retransmitía imaxes en movemento a través dun cable. Foi grazas a eso que, nese mesmo ano, xurdiu a primeira televisión electrónica e mecánica. En 1930 comercializouse o “Baird Televisor”, o primeiro televisor comercial.
Non obstante, estas televisións acarreaban abundantes problemas (imaxe curva, pouco definida, pantalla diminuta, etc). Neste contexto nacen os televisores eléctricos, que utilizaban tubos de raios catódicos ou CRT (como esta televisión). Unhas válvulas presentes no televisor emiten un haz constante de raios catódicos (unha corriente de electróns) que choca contra a pantalla de vidro, que contén plomo e fósforo. Grazas a este proceso, se produce a imaxe. Esto explica, ademais, a necesidade de que os televisores de tubo fosen tan grosos e tivesen tanta profundidade (como se amosa nas imáxenes), pois era preciso albergar no seu interior un tubo de vacío polo que viaxaban os raios catódicos. A primeira televisión que implantou esta nova e eficaz tecnoloxía foi Telefunken no ano 1934, en Alemaña.
Durante case todo o século XX desenvolveuse a televisión de tubo, que foise innovando co paso do tempo. Un dos máis importantes avances que se produciron chegou cando se implantaron as cores no seu sistema. Esto conseguiuse grazas a que os raios catódicos melloraron tanto que alcanzaron tres cores diferentes nos seus cañóns (as cores primarias, vermello, azul e amarelo), que podían producir o resto de tonalidades ao mesturarse combinando distintas proporcións. Grazas a esto, en 1977 Televisión Española xa facía retransmisións en color a tempo completo.
Xa no ano 1998, apareceu a primeira televisión con pantalla plana de plasma en EEUU, da man da marca americana Philips. As pantallas LCD (como a que ten a nosa televisión do ano 2009), que surxiron a finais desta década, eliminaron os principais inconvenientes dos televisores de tubo (baixa definición, televisores anchos e pesados, contaminantes, etc). No 2009, Samsung presentou o seu primeiro televisor LED, que supuxo avances e innovacións con respecto á tecnoloxía LCD. Coa chegada do ano 2011, saíron ao mercado as primeiras Smart TV e, finalmente, no 2014, a marca LG presentou o primeiro televisor OLED con resolución 4K, a tecnoloxía máis vangardista que actualmente seguen utilizando as máis recientes e avanzadas televisións.