Geography and History of Ames

Ames moderno « Atrás    

Nome do elemento

Igrexa de Santo Tomé de Ames

 

Antón Gómez Arnejo, kevin lamela rial, Xosé Asorey Rendo · 23 febrero 2023 15:44


Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento


Elemento da Idade Moderna
Conxunto parroquial de Santo Tomé de Ames
Estrutura
Xusto ao chegar, antes de entrar na igrexa, podemos observar como hai un cruceiro con mesa, no que nalgunhas ocasións o párroco imparte a misa, un gran cemiterio e unha escultura dos nosos caídos nas guerras, recibe este nome para referirse a todas as familias que perderon a familiares na guerra . Centrándonos no exterior da igrexa podemos observar o material do que está feita que é pedra. Logo contemplamos que xusto enriba da porta atópase a escultura do Santo Tomé de Ames e xusto nese marco hai unhas orelleiras decorativas. Deseguido temos un gran frontón sen partir, que dentro ten a imaxe dun ollo iluminado de Deus; enriba do frontón atopamos dous pináculos. Finalmente encontrámosnos cun gran campanario que se o segmentamos tería cinco partes. O campanario, situado no centro, ten unha campá e un pequeno balcón (balaustrada) e remata cun pináculo enriba da pequena cúpula. Fixemos unha pequena investigación sobre a igrexa, na que se nos indica que ten formas neoclásicas, non se especifican cales pero, axudándonos de cales son os elementos neoclásicos na arquitectura, dise que algúns deles son os frontóns e as cúpulas. Por outra parte, dentro da igrexa vemos que ten dúas plantas, éstas están unidas por unha escaleira con forma de caracol. Na parte baixa vemos moitos bancos, un gran altar cun retablo (moi recargado de dourado e figuras, podemos identificalo co horror vacui) que vai dende o chan ata o teito de largura . Hai dous púlpitos, que tamén podemos chamar ambones, dependendo de si se vai predicar (desta maneira coñécense como púlpitos) ou proclamar lecturas (desta forma identifícanse como ambones), un piano para tocar nas misas e por último vemos como todas as esculturas teñen moito dramatismo e expresividade. Podemos asegurar que certos elementos da fachada son barrocos xa que hai elementos vistos nas clases que nos levan a esos criterios, como por exemplo as orelleiras, as balaustradas, o campanario segmentado en varias partes, os pináculos... Pero non podemos asegurar se o frontón é deste estilo ou do posterior. No interior mantemos as ideas de que é barroco xa que as figuras son moi expresivas e dramáticas, incluíndo ademais o retablo e a cor dourada predominante.
 

Ana Beiroa Ons, Lidia Bugallo Nieto · 28 abril 2019 19:20


Nós no elemento renacentista e barroco

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Localización do elemento
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Iglesia de Santo Tomé de Ames Para visitar dito elemento necesitamos que nos digas as horas exactas para decirlle ao señor cando nos ten que abrir a igrexa. A nosa parada incluíndo tanto as explicación de ditas igrexas e o camiño para chegar á igrexa (capela) que se sitúa abaixo levaríanos aproximadamente unha hora. Para a explicación organizarémosnos da seguinte forma. Ana falará do exterior tanto da igrexa coma da capela mentes que Lidia e Carla falarán do interior, concretamente Carla falará do interior da igrexa se Santo Tomé de Ames e Lidia no interior da capela de San Amaro de Barouta. Unha vez demos por finalizado as explicacións da Igrexa de Santo Tomé procederemos a visitar a Capela de San Amaro a cal se pode ir tanto en autobús como andando, optamos por ir andando posto que está a cinco minutos e así estiramos as pernas. 42,904764265 -8,656561375


Elemento da Idade Moderna
Conxunto parroquial de Santa María de Ameixenda
Estrutura
Igrexia barroca de planta rectangular. Na fachada principal podemos observar unha porta en arco de medio punto, al cal non presenta ningún tipo de decoración, dúas cruces de santiago situadas unha a cada lado, unha pequena ventá cadrada que aporta claridade ao interior, a cal non posee tampouco ningúnha característica destacable mási que a súa presencia, unhas placas decorativas (decoración de placas) xusto debaixo da cornisa e a continuación e en sentido ascendente una espadana situada no lateral oeste da igrexia con capacidade para un total de tres campás (actualmente consérvanse dúas) rematada nun conxunto de tres pináculos. A balaustrada de acceso á espadana, situada no lateral esquerdo da fachada oeste, posúe uns barrotes que imitan á decoración das columnas da orden salomónica dos grandes templos. Nos arredores da igrexia atopamos un cruceiro cunha pequena mesa e sen decoración algunha, a casa reitoral, hoxe en día abandonada a cal vese que tiña lareira e outra chiminea posteriormente construída, posiblemente para a cociña moderna, unhas cortes para o gando e un pequeno terreo a man esquerda para un posible cultivo de alimentos. Pegado a iglesia atópase tamén o cemiterio no que hai tombas anteriores ao século XVX. Un dato curioso que percivimos nel é que as tombas non están orientados todos nunha mesma dirección posto que os da zoa norte oriéntanse cara o sur e os da zoa sur cara o norte. Os nichos repártense en dúas paredes (situadas unha xusto ó carón da igrexia e outra no lateral norte do cemiterio) e un bloque central no medio do camposanto.
 

Laura Montaña Mata, Sara Arufe Jorge · 24 abril 2019 17:12


Nós no elemento renacentista e barroco

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Explicación en vídeo

Localización do elemento
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Igrexia de Santa María de Ameixenda Igrexia da idade moderna localizada na parroquia de Ameixenda, Ames. Nesta parada procederase á explicación do elemento e a súa historia así como a localización das súas características principais e formularase unha pregunta relacionada cos contidos recén expostos, da cal daremos tamén a súa resposta correcta unha vez ditas as contestacións do grupo. 42,930666040 -8,613570929


Elemento da Idade Moderna
Capela de San Amaro
Estrutura
No exterior da capela podemos observar o material do que está feita, que é pedra. Hai unha entrada e hai un barroco de platas en forma de elipse que está feito de pedra, non hai frontón e hai un campanario que está no centro e uns pináculos que están nos extremos.Fixándonos na igrexa observamos dous pináculos nas esquinas e logo hai unha mostra de barroco de placas que identificamos coa elipse, a cal se encontra baixo o campanario que está segmentado en duas partes, e por último encontramos un pináculo sobre a cúpula do campanario. Esta capela só se abre en días festivos como, por exemplo, o 15 de xaneiro, o 25 de abril e o Domingo de Pentecostés.
 

Carla Cantelar Ces · 26 abril 2019 15:55


Nós no elemento renacentista e barroco

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Imaxes do elemento

Explicación en vídeo

Localización do elemento
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Capela de San Amaro Ana falará sobre o exterior da capela mentres que Lidia falará sobre o interior. Necesitamos que nos digas a qué hora iríamos para poder abrir, e podríamos ir tanto andando como en autobús partindo de que estamos na Igrexa de Santo Tomé; pensamos que a mellor opción e ir andando para estirar as pernas e reducir a contaminación. Para a visita necesitaremos 20/30 minutos máis ou menos. 42,908301521 -8,656003475


Nome do elemento

Igrexa de San Lourenzo de Agrón

 

Alexander Estevez Fernandez, Anxo Lara Abeijón, Mario Vigo sebio, Mauro Lois Pardo · 23 febrero 2023 17:41


Nós no elemento renacentista e barroco

Imaxes do elemento

Explicación en vídeo

Localización do elemento
Parada # Nombre Descripción Latitud Longitud
1 Igrexa de San Lourenzo de Agron 42,890457709 -8,706089705