Geography and History of Ames

Pasando a remuda da nosa memoria histórica « Atrás    

Título

Gerardo Miramontes Souto fálanos da ditadura franquista

 

Lucía Miramontes Vigo · 7 mayo 2023 22:27


Foto coa persoa entrevistada

Idade
80

Historia
Era o ano 1942 en Galicia, España cando naceu meu avó, Gerardo Miramontes Souto, un 26 de outubro. Criouse nunha familia con recursos nunha aldea chamada Ameixenda, en Ames. Daquela, estaba presente en España o réxime franquista, unha ditadura imposta tras a Guerra Civil Española.
Cando el era xoven non experimentou a pobreza de primeira man xa que na súa casa case nunca faltaba de comer. Non pasou fame, mais si falta de cousas boas e ricas xa que todos os días adoitaba comer o mesmo, caldo con broa, o pan de millo que sempre facían na súa casa. Sí é certo que lembra ter ido camiñando cunha cartilla de racionamento a Barouta, preto da súa aldea, onde lle daban produtos básicos racionados en pequenas cantidades como por exemplo aceite, arroz ou azucre que logo levaba para a súa casa.
Ao crecer deuse conta de que a falta de recursos e a pobreza estaba moi presentes no país en moitos lugares e familias. No seu tempo libre, adoitaba ir a tabernas falar de cousas de entretemento cos veciños e amigos coma fútbol ou deportes. Estaba completamente prohibido falar de temas de política, moito menos mal sobre a ditadura xa que iso supoñía tortura e nos moitos peores casos a morte. Non había liberdade de expresión de ningún tipo e as emisoras eran moi poucas, ademais nelas só se poñía o que interesaba para apoiar á ditadura e facer crer cousas que non eran, coma propaganda do réxime franquista. Tampouco había roubos, todo isto por medo á represalia e ós militares. Cóntame que alguén podía deixarse algo olvidado na rúa que ninguén o ía levar de alí non fora ser que che castigaran por iso tamén.
No 1962 emigrou a Uruguay na procura de empleo no estranxeiro. Alá pasou 3 anos traballando nunha fábrica dun tío seu e no 1965 voltou para Galicia. Di que notou un cambio tras o tempo que estivo fóra, según el Franco abriuse un pouco máis para encaixar en Europa, xa que daquela as ditaduras estaban algo mal vistas polo resto de países do continente europeo. Desta maneira, fóronse tolerando máis cousas para poder avanzar en ámbitos como fábricas ou producción. A partir de aquí foron pouco máis de 10 longos anos cos que tiveron que lidiar todas as familias nun país baixo dunha ditadura sen poder facer moito.



Título

María Luisa Bustelo Vilas nos va a hablar sobre la dictadura franquista.

 

Hugo Iglesias Sóñora · 1 marzo 2024 18:47


Foto coa persoa entrevistada

Idade
70

Historia
Mi abuela nació en 17 de noviembre del 1953, y es hermana de otras cinco mujeres (la más mayor). Cuando le coincidió la dictadura ella tenía sobre 20 años, todavía no estaba casada y no tenía a sus dos hijas. No recuerda la etapa como algo muy malo, ya que ellas nunca tuvieron problemas, pero sí que lo recuerda como una etapa en la que no tenías libertad para hacer muchas cosas que hoy son normales. Ella salía por Cordeiro y recuerda que estaba todo cerrado, que durante esa época no se podía hacer nada, pero no tiene un mal recuerdo.

Fotos adicionais

Fotos adicionais


Título

Carmen Lago Tajes. Ditadura Franquista

 

Andrea Fernández Fermoso · 8 abril 2019 21:15


Idade
77

Historia
A miña avoa, Carmen Lago Tajes, viviu durante toda a súa infancia no pobo no que actualmente vive, Muros. Como en todas as vilas pesqueiras de Galicia, en Muros había varias fábricas, todas relacionadas ca pesca.
Con 12 anos, miña avoa tivo que comezar a traballar nunha das fábricas como axudante das mulleres de terceira idade, e así con 19 anos comezou a traballar cun posto fixo facendo diversas actividades.
A parte de todo iso, cando chegaba a casa despois de traballar 13 ou 14 horas seguidas tiña que axudar a súa nai cas tarefas do fogar e tendo en conta que era a mais pequena de todos os seus irmáns e irmás tiña que ir moitas veces a lavar a roupa o lavadoiro cas veciñas mais próximas a ela.
Casou moi xoven e tivo en total 5 fillos. incluindo a meu pai. Cando casou montou unha pequena "empresa" de carnicería xunto co seu marido, meu avo, o cal traballaba no antiguo mercado de Muros, mentras que miña avoa traballaba na casa, noutra das carnicerías que tiñan e tamén coidaba de todos os seus fillos. Foron moi famosos na vila e ainda hoxe son moi coñecidos. Como consecuencia da súa fama, tiveron unha época de moita ganancia e grazas a iso puideron construir a actual casa onde habitan.
Unha vez que se xubilaron, miña avoa dedicouse o fogar mentras que meu avo dedicase a cuidar o ganado e as diversas propiedades.
Este contexo político influíu directamente na vida de miña avoa xa que o seu marido estaba totalmente a favor de Franco e como non, seguía os seus pasos que eran reflexados na casa e afectábanlle a miña avoa directamente.



Título

Mary Carmen Regueiro Racamonde, nos habla de la época franquista

 

Rosalía Monasterio Cuesta · 21 mayo 2023 12:38


Idade
66

Historia
Mi abuela relata la historia de su tío abuelo Daniel Racamonde, el cuál habia estado luchando en el bando contrario a Franco. Cuando acabó la guerra civil, muchos eran perseguidos y se refugiaban en el monte, los llamados “maquis”. Su familia le llevaba comida y ropa cada día o cada dos días. A partir de los años 60s recaudó dinero y emigró a México, nadie más volvió a saber de él.

Sons

Fotos adicionais


Título

María Flora Lorenzo Fernández fálanos do ensino durante a ditadura franquista

 

Fernando Ferrer Cuadrado · 10 noviembre 2019 18:31


Foto coa persoa entrevistada

Idade
85

Historia
Flora tiña dous anos cando estalou a Guerra civil. Ela vivía na vila de Chantada cos seus pais e as súas tres irmás, ela é a maior . Seu pai traballaba no banco pastor e súa nai como ama da casa .Aos dez anos ingresou na escola pública de Chantada para despois poder facer o bacharelato. Un ano despois entrou na escola privada de Santo Tomás de Aquino , para iso tiñan que pagar unha mensualidade e facer un gran esforzo económico na familia. Despois de rematar os bachilleres obtou por facerse maestra de primaria e facer os estudos por libre porque non tiñan os cartos necesarios para a residencia en Ourense. As súas condicións e as da súa familia non eran moi boas pero eran semellantes as da maioría da xente. Tiñan para comer pero non podían ter moitos máis luxos. Estaban moi ben atendidos na escola e xogaban nas rúas ao rematar as clases. Pasouno moi ben durante esa época e fixo moitos amigos cos que pasou os días máis felices da súa vida.