Historia
O simple feito de nacer muller concidionou a María del Pilar para toda a súa vida. Dende pequena o seu pai traballaba de ferreiro, en cambio, a súa nai levantábase as 6 da mañá para ir a labrar ao campo e ocuparse tamén de todos os animais, cando volvía ocupábase de todas a tareas que tiña por obriga social facer, as tareas domésticas.
Cando María do Pilar empezou a medrar, empezou a ocuparse xunto a súa nai de todas as tareas do fogar de coidar ao seu irmán seis anos menor.
Aos 14 anos tivo a opción de elexir se quería continuar estudiando ou quería empezar a traballar. Independentemente de que os seus pais permitíanlle e querían que seguira estudando, ela, debido ao sistema educativo da época, non continuou, sistema educativo onde eran 80 persoas nunha clase (únicamente mulleres) con un solo maestro que ademáis pegaba por todo.
Ao saír da escola, foi inmediatamente a aprender a coser e a bordar ata os 18 anos. Un mes máis tarde de cumplir 18 anos (1967) entrou a traballar na fábrica de galletas Cuétara, só aceptaban a persoas ca maioría de idade.
Era un traballo remunerado no que non facía falta ningún tipo de cualificación. O que facían alí era básicamente dispoñerse en dúas filas, unha fila en cada lado dunha cinta mécanica onde se transportaban as galletas para empaquetalas, esta zona era chamada o apilador.
Exstistían tres turnos diferentes de traballo, de mañá, de tarde e de noite. Cada semana o seu turno máis o do resto de mulleres cambiaba de turno de mañá a turno de tarde e viceversa. Os únicos homes da fábrica eran os amasadores que eran solo homes, os que traballaban no turno de noite, os encargados (había un encargado por turno) máis o director, todos eles gañaban máis que as mulleres que traballaban no mesmo posto. O traballo na fábrica era duro debido a que un fallo e perdíase tempo no procesamento en cadea, había un único descanso moi curto e que as galletas as veces estaban moi quentes polo que quemaban nas mans. Cada vez que remataba o turno ía a coser o resto do día. Esta estancia na fábrica remata en 1969 cando Pilar decide casar co seu actual marido, Jesús Caeiro Pérez, para ter máis libertade xa que na época a xente casaba xóven para liberarse dos pais que eran moi estrictos. Nese mesmo ano e obrigada a deixar a fábrica porque non permiten traballadoras casadas.
En total tivo catro fillos, o primeiro naceu no 1971 e o último no 1981. A súa rutina de traballo foi moi dura. Todolos días levantábase cedo para facer as catro camas dos seus fillos máis a do seu marido, levaba aos seus fillos á escola andando, lavaba toda a roupa a mán e a deixaba tendida, recollía aos nenos, facía a comida e lavaba os pratos, volvía levalos a escola, recollía e pranchaba a roupa, limpiaba a casa, ía a comprar, recollía os nenos, preparaba a cea, lavaba os pratos e finalmente sacando tempo non se sabe de onde, cosía a roupa rota e texía nova ropa.
Mudaronse a Vite, Santiago. No ano 1982 e no 1987 empezou a traballar en limpeza de institutos a tempo parcial cubrindo baixas por moitos institutos actuais de Santiago de Compostela; estivo 4 anos no Rosalía de Castro, no paro dous anos e despois aproximadamente tres meses no Lamas de Abad, no Xelmirez 1 e no Xelmirez 2.
Finalmente tivo 6 netos que cuidou todas a mañás e todas as tardes durante moitos anos ata a actualidade.
María tivo unha infancia moi estricta e unha vida moi ocupada. Nunca valoraron o seu "traballo de muller" e resulta que foi o triple traballo que o de todos os homes da súa familia xuntos. Ela sempre tivo a obligación de facer eses traballos cando aos homes ninguén lles obrigou nunca.
Actualmente non ten ningunha pensión. Ten só únicamente 10 anos cotizados por coidar do fogar e dos seús fillos. Inxustamente non se contan todolos anos de traballo na casa. Esta e unha inxusta realidade da miña avoa e tamén da maioría de mulleres. María manda como consello a toda a mocidade aproveitar o tempo e a liberadade que temos todo o que sea posible.